Santa Minia convoca a miles de devotos en Brión do día 26 ao 29


El Correo Gallego | 18/09/2019

Incluirá 17 conxuntos musicais e orquestras // Día grande o venres 27, con misa ás 13.00 h.

A capital brionesa, Pedrouzos, quenta motores para acoller a Romaría de Santa Minia entre os días 26, 27 -xornada grande-, 28 e 29. Ademais de eucaristías (a solemne será o día 27 ás 13.00 horas), actuarán até 17 conxuntos musicais, e haberá circo e maxia.

Así, na xornada do 26 incluirá ás 13.30 horas a charanga Tíralle do Aire. Pola tarde, ás 17.30 horas, toda a familia poderá gozar con Sue Moreno e o seu espectáculo de circo aéreo. Ás 20.00 horas, grupo Xoldra e ás 21.00 h., a charanga Tíralle do Aire volverá tocar. Xa ás 22.30 horas comezará a verbena coas orquestras Olympus e Os Satélites, máis espectáculo de fogos de artificio e queima da fachada a medioanoite.

O venres 27, día de Santa Minia, sucederanse as misas desde as 09.00 horas e, unha hora máis tarde, Os Jalácticos animarán a xornada. Ao mediodía, actuación de Os Viqueiras de Ordes, mentres que a orquestra Ibizaa dará o mellor de si na sesión vermú (e de noite con Marbella). Esa xornada, ás 17.30 horas, haberá gala do mago Dani García e, desde as 18.30, música con Os Campantes dá Baña e Os Jalácticos. O sábado 28, charanga Os Celtas na sesión vermú e, ás 17.30 horas chegará o espectáculo infantil de Patty Diphusa, máis actuación das Escolas de Danzas e Música Tradicional de Brión (19.00 h.); charanga Os Celtas ás 20.00 horas e folk ás 22.30 horas con Xosé Lois Romero & Aliboria e Treixadura.

O domingo arrincarán os pases do Mago Antón a partir do mediodía (até as 20.00 horas), e soarán as gaitas de Os Telludos para animar aos asistentes desde as 13.00 horas. Pola tarde, 19.00 horas, chegará o Festival de Bandas de Música coa de Isabel II e a Municipal de Brión.

A romaría máis multitudinaria da comarca cumpre 171 anos


La Voz de Galicia | 31/08/2019

A celebración en sábado do día grande augura unha afluencia histórica.

A romaría de Santa Minia é a celebración relixiosa máis importante da comarca compostelá, xa que a devoción por esta santa transcende fronteiras e recibe a miles de persoas procedentes de toda Galicia, que se encomendan a esta santa, unha nena romana cuxos restos chegaron a Brión en novembro de 1848, polo que a devoción por esta moza en terras compostelás cumprirá os 171 anos.

As reliquias de Santa Minia permanecen na capela á que dá nome, en plena carballeira de Pedrouzos, pero a masiva afluencia de visitantes e devotos da moza santa obriga a que os servizos relixiosos se ofícien fora do templo, xa que as súas reducidas dimensións fan imposible atender tanta demanda.

As misas celébranse nun espazo construído especialmente para esta celebración a escasos metros da igrexa, na que permanece a santa, protexida por unha urna. A capela permanece aberta de forma ininterrompida, permitindo visitas, rezos e doazóns.

En total están programadas catorce misas, repartidas entre o día 26 de setembro, véspera da festa, e a xornada central, o venres 27.

Un espazo único para gozar da música tradicional

O epicentro da celebración volverá ser a Carballeira de Santa Minia, o histórico pulmón deste municipio compostelán que sempre queda pequeno cando toca celebrar a romaría. Este enclave, que dentro dun mes será un fervedoiro de festa e devoción, foi o espazo elixido o pasado mes de xullo par o tradicional festival folklórico.

As propostas musicais para celebrar o tres días da romaría de Santa Minia teñen o seu espazo nesta coidada carballeira brionesa. De feito, o próximo 28 de setembro, a partir das 22.30 horas, acollerá o concerto de Xosé Lois Romero&Aliboria e Treixadura, unha actuación incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Orquestas, xornada folk e miles de devotos en Santa Minia do 26 ao 30


As celebracions brionesas terminarán con un Festival de Bandas o domingo

EL CORREO GALLEGO 18/09/2018 | Brión. As Festas de Santa Minia encherán Brión de actos relixiosos, música e, sobre todo, miles de fieis entre o 26 e o 30. Nas vésperas (mércoles 26), o programa inclue ás 13.30 e ás 21.00 horas pasarruass coa charanga Mekánika; o espectáculo familiar Saabor (17.30); Xoldra de Rois (19.00 h.) e, pola noite, as orquestas Capitol e Finisterre, ademais fogos e queima da fachada. O 27, día grande, haberá pasarruas con Os Celtas (10.00 h.) e Os Viqueiras a mediodía, mais sesión vermú con Costa Dorada (que repite na verbena con América); actuación de Brassica Rapa (16.00 h) e Dani García (17.30 h), sen olvidar a gala da Agrupación Folclórica de Brión na Praza do Concello ás 18.30 horas. A misa solemne será a las 13.00 horas.

O venres 28 haberá xornada folk con pasacarrúas de Os Xirifeiros de Carril e, as 17.30 horas, gala de Circo Chosco: Riscando o ceo. As 20.30 horas actúa Faíscas da Pontraga e, as 22.30 horas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O sábado 29 actúan Requinteiros da Ulla (13.00 h) e Musicleta (17.30 h) e o domingo, Os Castros a mediodía e Festival de Bandas ás 17.00 horas coa Banda Escola de Rianxo e a de Brión.

Enlace á nova: El Correo Gallego