Romaría de Santa Minia 2018

12:47 Concello de Brión 0 Commentarios


Infobrion.com

Os días 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romaría de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous días máis de actividades durante a fin de semana. Unha romaría onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e o baile e, como non, a mellor gastronomía galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano regresan por triplicado.

Coma de costume, o concello poñerá a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuítas. Dende o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que ningún visitante se deixe enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un alugamento por estacionar o seu vehículo.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico durante a xornada do día 27, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

PROGRAMA SANTA MINIA 2018

Mércores 26: Vésperas
- 13:30 h.: Charanga Mekánika
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar.- "Saabor"
- 19:00 h.: Xoldra de Rois
- 21.00 h.: Charanga Mekánika
- 22:30 h.: Orquestras Capitol e Finisterre
- 00:00 h.: Fogos de artificio e queima da fachada

Xoves 27: Santa Minia
- 10:00 h.: Charanga Os Celtas
- 12:00 h.: Os Viqueiras de Ordes
- 14:30 h.: Sesión vermú coa orquestra Costa Dorada
- 16.00 h.: Brassica Rapa
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar "Dani García: Código"
- 18.30 h.: Agrupación folclórica de Brión (Na praza do Concello)
- 20.00 h.: Orquestras Costa Dorada e América

Venres 28:
- 13:00 hrs.: Os Xirifeiros de Carril
- 17:30 hrs.: Espectáculo Familiar "Circo Chosco: Riscando o ceo"
- 20:30 hrs.: Faíscas da Pontraga
- 22:30 hrs.: Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre "Noró"

Sábado 29:
- 13:00 hrs.: Requinteiros da Ulla- A Gaita de Sarandón
- 17:30 hrs.: Musicleta

Domingo 30:
- 12:00 hrs.: Os Castros de Ames
- 17:00 hrs: Festival de Bandas de Música Populares: Banda Escola de Rianxo e Banda de Música Municipal de Brión

HORARIO DE MISAS:

NOVENA
Do 17 ao 25 de Setembro, tódolos días ás 19:40 hrs.
Domingo 23 ás 12:00 hrs.

DIA 26 [VÉSPERA]
Mañá: 9:00 | 12:00 hrs.
Tarde: 18:00 | 19:00 | 20:00 hrs.

DIA 27 [SANTA MINIA]
Mañá: 9:00 | 10:00 | 11:00 | 12:00 | 13:00 hrs. [Solemne]
Tarde: 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 hrs.

OUTRAS DATAS
Venres 28 ás 19:00 hrs.
Sábado 29 ás 19:00 hrs.
Domingo 30: 9:00 | 11:00 | 12:30 | 19:00 hrs.
Domingo 7 de Outubro: 9:00 | 12:30 | 19:00 hrs.

RESTO DO ANO
Domingos e festivos durante o ano: 12:15 hrs.

0 coment�rios: