A romaría máis compostelá

9:08 Concello de Brión 0 Commentarios


28/09/2019 | El Correo Galego

Miles de devotos veñen participando este fin de semana, en realidade desde o xoves, no completo programa de actos relixiosos, festivos e lúdicos que o Concello de Brión organizou con motivo da Romaría de Santa Minia, que onte celebrou o seu día grande coa celebración de nove misas, a última da mañá solemne, aínda que as tradicionais bombas de palenque xa anunciaron ás doce da noite do xoves que o lugar de Pedrouzos, no municipio de Brión, iniciaba a romaría máis importante da comarca compostelá, pois son miles os devotos que acoden á capela levantada na carballeira de Pedrouzos para rezarlle á santa, levarlle figuras de cera e, en suma, participar nos actos que reúnen a romeus chegados de toda Galicia e de moitos outros lugares, xa que o seu nome transcende fronteiras.

Como é sabido, Minia foi unha nena romana martirizada no ano 362 por proclamar a súa fe cristiá. O seu corpo foi trasladado de Roma a Cádiz, desde onde, con posterioridade, foi traída a Galicia ?primeiro ao porto de Vigo? por Luís Tobío, natural de Brión, que era empregado do propietario da capela. Finalmente, os seus paisanos logran erixir un templo en honra da santa, que chegou a Brión o primeiro de agosto de 1848. Pouco despois, o dezasete de novembro de 1848, o arcebispo de Santiago, Rafael de Vélez, recoñeceu oficialmente o culto de Santa Minia, ordenando que a santa fose colocada nun lugar eminente do templo para estar exposta á pública veneración.

0 comentarios: